viernes, 24 de mayo de 2013

"O PEQUENO INFORMATIVO"

As alumnas e alumnos de 4º de Educacion Primaria realizamos un programa da radio con formato de informativo para o que elaboramos novas, unhas inventadas e outras reais, informacións curiosas, recomendacións de películas e libros, falamos de deportes e fixemos algunhas peticións.
Este traballo realizámolo nas distintas áreas de lingua que traballamos no cole, castelán, galego, inglés e francés.
O mércores 22 de maio fomos gravalo a Onda Cero e o martes 28 de maio ás 13:30 emitirase (Onda Cero Lugo 94,9 FM).
Esperamos que vos guste. Nós pasámolo moi ben facéndoo.

lunes, 20 de mayo de 2013

OBRAS DO CERTAME DE TEATRO ESPECIAL

Maña martes 21 o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de E.P. iremos ao Gustavo Freire a ver dúas obras dentro do certame de teatro especial:
  • “El Mago de Oz” do Grupo ASPAS de Santiago de Compostela.
  • “Blancanieves y el Bosque Oscuro” do Grupo ADCOR de A Coruña.

domingo, 19 de mayo de 2013

CONFERENCIA DE SASY CUTTY

Fai poucos días o alumnado de 3º de Educación Primaria recibiu unha visita moi especial. Sasy Cutty, que traballa na Fundación Vicente Ferrer na India, visitou o noso cole e contounos moitísimas cousas interesantes deste país, tamén nos falou da incríble labor que está a levar a cabo a Fundación ca xente que ten menos recursos.
Xa fai un par de anos que temos un programa de intercambio cun colexio da India “school to school” este ano tocábamos traballar dende a área de inglés, así que puxémonos mans á obra e preparamos un libriño cas nosas fotos e unha pequeña descripción de cada un dos nenos e nenas da clase. Ademáis aproveitando que no noso cole damos a plástica en inglés, tamén lles mandamos un traballiño que fixemos entre todos e todas sobre a cultura xaponesa e os Kimonos.
 
Este foi o libriño que elaboramos para mandar ós nenos e nenas da India





 
Fixémonos unha foto ben chula, coloreámola como si fósemos Andy Warhol facendo unha das súas obras, o máis puro estilo POP e logo describímonos en inglés.




Este é o Kimono que deseñamos entre toda a clase e o libriño que elaboramos no que compartimos cos nosos amigos e amigas da India todo o que levamos a aprender sobre a cultura Xaponesa e os kimonos.





Aquí vos presentamos a Sasy o día que veu a visitarnos co agasallo que lle preparamos entre todos e todas: un cartel de benvida no que quixemos plasmar a cultura galega e a india
unidas.



 
 

miércoles, 15 de mayo de 2013

XORNADA DE ESGRIMA 5º e 6º E.P.

      O Departamento de Educación Física de Galén, consciente da importancia do desenvolvemento deportivo xeral, organizou unha xornada de esgrima, en colaboración co Club Esgrima Lugo.
Trátase dunha disciplina deportiva das denominadas minoritarias pero complementaria a calquera outro deporte.
          Dous dos seus deportistas e un pai do cole foron os encargados de dirixir esta xornada, achegando ó nosos alumnado a este apaixonante deporte que combina dinamismo, emoción e o pracer de aprender unha técnica con séculos de historia.
      Puideron vestirse de auténticos tiradores con peto, máscara e espada. Mesmo os adestradores trouxeron os cables e luces para poder realizar "poules" entre eles, con indicadores de toucado, o que facía máis atractivos os asaltos. Os propios alumnos foron tiradores e árbitros, coñecendo o vocabulario básico para poder empezar a xogar.
        Deste xeito puideron practicar un deporte educativo que forma no respecto ao contrario, nas normas de asalto, na concentración e no autocontrol da impulsividade.
        Á marxe das esixencias propias dunha modalidade individual e tan técnica como a esgrima, aprenderon un deporte mentres se divertiron.

        Agora só queda coñecer as súas inquietudes e poñerse... "EN GARDA".




jueves, 2 de mayo de 2013

XORNADAS ESCOITA ACTIVA

Girl listening with her hand on an ear

Esta entradiña vai dirixida especialmente a pais e nais. 
Como sabedes en Galén a participación e colaboración coas familias é moi importante e, un curso máis, no mes de maio ofertan unhas xornadas de formación para familias e docentes que leva por título "Escoita Activa" coa psicóloga e terapeuta Isabel Fuster Rapezza.

O Obradoiro ten como obxectivo principal ensinarnos a escoitar o esencial, o que realmente sentimos que é significativo,a expresarnos apropiadamente e tamén, como adultos, a axudar aos nenos e nenas a que poidan contactar, identificar expesar e resolver as súas emocións. 
Tamén tomaremos tempo para detectar e solucionar as interferencias emocionais dos interlocutores adultos e rapaces/as que levan a interpretacións equivocadas e tomas de decisión inapropiadas, desviando ao adulto do seu rol de pai/nai ou educador/a e causando dano na expresividade natural do neno/a e nos niveis de confianza.

O Obradoiro desenvolverase no cole os días 11 e 12 de maio en horario de 10 a 14 h e 15:30 a 20:00 h o sábado, e o domingo de 10 a 14h.
 
Animádevos a asisitir porque é moi moi interesante.
Se precisades máis información non dubidedes preguntar no cole.


Isabel Fuster Rapezza é Licenciada en Psicología pola Univesidade Autónoma de Madrid e psicoterapeuta con formación jungiana, humanista e sistémica. Titulada como especialista en constelacións familiares polo Instituto de Constelaciones Familiares de Madrid e formación con Bert Hellinger. Titulada en pedagoxía do Abrazo de Vinculación pola Escuela Prekop de Munich. Foi profesora de Postgrado de psicomotricidade na Universidade de Valencia e é profesora de formación continua para profesores.
Exerce dende hai anos como psicoterapeuta de parellas e familias na súa consulta privada e  como profesora e conferenciante en Institucións Públicas e Privadas.