martes, 29 de octubre de 2013

"BISCOITO SORPRESA" MENÚ 5º EP

RECEITA “BISCOITO SORPRESA”


         

Debido ó éxito do postre "Biscoito Sorpresa" dentro do menú que elaboraron o alumnado de 5º de Primaria, deixámosvos a receita que tanto nos pedistes.

  • Quentar o forno a 190ºC.
  • Mesturar:
    • 220 g. manteiga
    • 150 g. azucre 
    • 165 g. azucre moreno
    • 5 ml. vainilla líquida
  • Engadir 2 ovos. Bater ben despois de botar cada un.
  • Engadir:
               360 g. fariña
               4,6 g. bicarbonato
               6 g. sal
  • Mesturar todo ben.
  • Engadir 340 g. pebidas de chocolate.
  • Remover.
  • Botar toda a masa nun recipiente engraxado e enfariñado.
  • Meter no forno durante 20-22 minutos, ata que se poña dourado.
  • Sacar do forno, deixar enfriar e cortar en cadrados.
3.   


viernes, 25 de octubre de 2013

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

FACENDO O MENÚ

Os alumnos e alumnas de 5º de EP preparamos e servimos un menú completo e equilibrado, aínda que, nos tomamos unha pequena licenza co “postre”.
Primeiro investigamos e estudamos en que consiste unha dieta saudable na clase de coñecemento con Roberto e despois  tivemos que poñer en práctica todo o aprendido.

Entre todos decidimos o primeiro e o segundo prato, tivemos moita variedade de propostas pero finalmente decidímonos por:

Ensalada Cantábrica
Tenreira asada con patacas fritidas ...

... O postre , aínda que todos sabíamos que a mellor opción era unha peza de froita,  tomámonos a liberdade de facer  algo doce.

Polo tanto, mans a obra e…

Fixemos un  riquísimo Biscoito Sorpresa.


ASÍ NOS QUEDOU A ENSALADA!

ANTES DE EMPEZAR, TOCA PROBAR E COLLER FORZAS.

Así servían así así
así servían que yo los vi.

...E CHEGAMOS Ó POSTRE...UMM!!!!




QUE SE ACABA!!!!


... Estamos preparados para ser MASTERCHEF!


viernes, 4 de octubre de 2013

As rapazas e rapaces de 6º EP fomos de vendima


Comezamos o día cunha visita a unha adega, na que nos explicaron todo o proceso da fabricación do viño.

 
  Que rico estaba o mosto que nos deron a probar!  Como non, tamén comemos moitas uvas.

 
Despois fomos a traballar. Para facer o viño, primeiro hai que recoller as uvas. Enchemos varias caixas, e pasámolo moi ben.
 

 Despois dunha maña de traballo fomos a adega de Esther, na que gozamos dun  bo xantar e unha animada conversa.