viernes, 29 de noviembre de 2013

CONVENCIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS

O pasado 20 de Novembro, coincidindo co 24 anivesario da Convención sobre os Dereitos do Neno, os alumnos e alumnas de 6º E.P acudiron ao Concello de Lugo para participar nun pleno xunto co Ilustrísimo Señor Alcalde, o Subdelegado do Goberno, a Directora de UNICEF en Lugo,
así como os compañeiros e compañeiras doutros coles, no que se debatiron diferentes cuestións relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas.

Ao noso cole tocoulle traballar o dereito á saúde e tamén o dereito á protección contra os malos tratos. Previamente na aula  estivemos lendo a Convención dos Dereitos dos Nenos e fixemos un debate analizando aquelas cousas que hai en Lugo que fomentan ou aseguran cada un dos dereitos da infancia. Despois  fixemos unha reflexión sobre cada dereito e tamén plantexamos propostas de mellora para que cada día máis nenos e nenas vexan cumplido ese dereito e por último formulamos preguntas ao Alcalde sobre o cumplimento dos dereitos na nosa cidade.

Aina, Ignacio, Natalia, Dani L e Javi ocuparon os 5 escanos que nos correspondían  e deron a coñecer a todos os asistententes o traballo  que entre todos e todas elaboramos. Foi unha experiencia moi gratificante e  durante un anaco sentímonos como se nas nosas mans estivese facer do mundo un lugar no que os dereitos de todos os nenos e nenas fosen unha realidade.

Podedes ver o video do pleno na canle de youtube do cole.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Animádevos a comentar!