martes, 25 de marzo de 2014

Plan TIC.



O Centro desenvolve como todos os anos o chamado Plan TIC( plan de Tecnoloxía de Información e de comunicación). A incorporación das novas tecnoloxías ao curriculum iníciase en Ed. Infantil  e continúase ata BAC; nun primeiro momento coa familiarización e pouco a pouco a incorporación ao traballo cotián.
O uso do teclado a través de Mecanet desenvolvémolo dende 5º EP a 2º ESO.
Este ano, estamos a desenvolver diferentes talleres de catro e seis horas de duración dende 4º EP a 1º BAC no que se están a presentar programas de debuxo, de edición de vídeo, de presentacións e de confeccións de páxinas web que complementan o traballado ano a ano.

Galén Nursery School


Galén Nursery School é o nome do noso novo proxecto educativo para a Educación Infantil. Preséntamolo na Casa do Saber, no adro da Catedral o vindeiro venres 19 de febreiro ás 19.00, estades todas e todos convidados e, ademais, iremos contando algunhas novidades estes días.


viernes, 21 de marzo de 2014

Visita ao museo "Roma en Lugo"

O alumnado de 5º e 6º de primaria aprendemos un pouco máis sobre a nosa cidade gracias a unha visita moi interesante ao Museo Provincial. Informáronnos sobre a fundación da mesma, os intereses que os levou a estos lugares así como as súas formas de vida, culturais e artísticas.
Contemplamos pezas de gran valor histórico e saciamos algunhas das nosas curiosidades.
É un lugar recomendable para coñecer mellor a nosa historia.




24-O M.A.M.A.




A semana pasada o Movemento Anti Maltrato Animal (24-O M.A.M.A), de 6º E.P, recibimos outra visita moi especial. Viñeron xornalistas de El Progreso a facernos unha entrevista, estaban moi interesados no noso proxecto de protección animal, e contámoslle todas as cousas que estabamos facendo e, tamén, os nosos proxectos. Como resultado, o pasado sábado, saiu na sección Pícaros un artigo precioso no que contan o noso traballo.
Estamos moi orgullosos de que as nosas inquedanzas interesen a máis xente, porque dese xeito poderemos chegar a moitas máis persoas, e intentar convencelos de que os animais non son un xoguete.
Por certo, xa enchimos a caixa de móbiles inservibles para reciclar e axudar á Protectora de Animais e Plantas de Lugo, temos outra nova. A ver se conseguimos enchela de novo con axuda de todos vós.


Podedes visualizalo aquí:

Folla 1 e folla 2.

jueves, 20 de marzo de 2014

VISITA Á CASA MUSEO DE VÍCTOR CORRAL 3º EP

 
Marta, a mamá de Sergio, invitounos a visitar a Casa Museo de Víctor Corral en Baamonde.
Foi unha saída preciosa. 
O museo encantounos, coñecer ó artista foi un privilexio e o contorno de Baamonde é moi fermoso. Merece a pena facer esta visita.

 Foi o día previo ó inicio da primavera e estivo radiante e cheo de cores, cunha temperatura inmellorable. Ademais, tivemos a compañía inestimable de Sergio e Marcos, os nosos compañeiros de ESO e BAC que viñeron pasar o día connosco e botar unha man a Marta, David e Pilar.

 A casa de Víctor Corral está chea de sorpresas. O xardín invita a ser percorrido cos ollos ben abertos para descubrir todos os encantos naturais e artísticos que contén. A casa acolle un bo número de obras  do artista e outras que el mesmo seleccionou das feitas pola natureza coma un pato que  nos impactou a todos.
Victor foi amable connosco e regalounos a súa poesía e a súa compaña.

Despois fomos ver o río Ladra e o seu caneiro. Estaba precioso. 

Unha sorpresa que non agardabamos foi o almorzo " de luxo" no restaurante duns parentes de Sergio. Con mantel de fío e todo!!!

Grazas, Marta, por organizar unha saída tan gratificante para todos.











lunes, 17 de marzo de 2014

PROGRAMA DE RADIO: "PEQUENO INFORMATIVO"



As alumnas e alumnos de 4º de Educación Primaria, realizamos un programa de radio con formato de informativo para o que elaboramos noticias, unhas inventadas e outras reais, informacións curiosas, recomendacións de películas e libros e falamos de deportes.

Este ano contamos coa aportación nunha entrevista de Carmen Fernández e Daniel López de 6º.

Este traballo realizámolo en colaboración as distintas áreas de lingua que traballamos no cole: castelán, galego, inglés e francés.

O xoves 13 de Maio fomos gravalo a Onda Cero e o martes 18 de marzo ás 13: 00 emitirase (Onda Cero Lugo 94,9 FM).

Esperamos que vos guste. Nós pasámolo moi ben facéndoo.