lunes, 28 de abril de 2014

VISITA Á ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS


Na pasada semana, os alumnos e alumnas de 6º EP de Galén, fixemos unha visita á estación depuradora de augas residuais de Lugo, a fin de coñecer as distintas fases do proceso de depuración das augas e recoñecer a influencia do ser humano nos ríos.
A visita foi moi interesante igual que a aprendizaxe, tal e como amosan os traballos que están a presentar.





 
 
 

miércoles, 23 de abril de 2014

ESTUDO DO RÍO

OBSERVANDO, INVESTIGANDO E ANALIZANDO:
O río Miño e a Insua de Seivane

O xoves 10 abril os alumnos e alumnas de 5º e 6º EP de Galén participamos activamente na primeira parte do traballo de investigación que estamos a realizar para a semana do "Consumo responsable".

Foi un día moi intenso, onde o tempo nos axudou a aproveitar a ocasión de aprender investigando sobre a realidade que nos arrodea.

A nosa misión foi a de investigar cal era a calidade ambiental do río e do seu contorno, así como comprender a etnografía ligada ao aproveitamento deste recurso.


viernes, 11 de abril de 2014

Visita 24-O M.A.M.A a Educación Infantil




Durante esta semana os nenos e nenas de 6º E.P, os membros de 24-0 M.A.M.A, fomos visitar as clases de E.I para falarlles do maltrato animal, de cómo temos que tratar os animais... Seguimos co noso obxectivo: acabar co maltrato animal.










miércoles, 9 de abril de 2014

VISITA AO ACUARIUM DE CORUÑA









Os nenos e nenas de 3º EP visitamos a Casa dos Peixes.

Compartimos a viaxe cos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de EP que visitaron a Domus e a Casa das Ciencias respectivamente.

Aprendemos moitas cousas e vimos que os desperfectos causados pola última ciclo xénese explosiva non foron tan catastróficos como pensabamos. 
Non puidemos ver de cerca ás focas porque o acceso a elas non era seguro xa que o temporal destrozou as barandas pero vímolas dende o interior.
Faláronnos de acuicultura e as súas ventaxas e puidemos recrearnos coa contemplación das moitas especies que teñen no acuario, a maioría autóctonas.

Quen máis nos impresionou foi Gastón, a quenlla sudafricana, as medusas e os irmáns de Nemo, o peixe pallaso, e de Doris, o peixe ciruxán.

Sentimos como peixes na auga xa que estabamos no noso mellor ambiente, cheo de estímulos e cunha guía que foi capaz de responder a todas as nosas dúbidas. 

Pasámolo xenial!!!