Onte foi unha noite moi moi especial!!
Despois dun día intenso tivemos a festa con música, xogos, baile....foi xenial!!
Hoxe queriamos aproveitar cada minuto neste máxico lugar e a verdade é que non paramos. MIrade:
E...bueno, aínda queda moito moito que contarvos, pero iso reservámolo para cando esteamos na casiña.
Vémonos nun ratiño!!
viernes, 30 de mayo de 2014
jueves, 29 de mayo de 2014
Segundo día en Lodoselo
Hoxe o día foi tamén moi moi emocionante e completisimo.
Pola
mañá fixemos o roteiro pola vila e tivemos que botar man das nosas
estratexias variadas para poder atopar os lugares e pistas, ademais de
ir cumplindo con certas condicións ao longo do percorrido. Como vedes
nas fotos o lugar é moi fermoso, incluso máxico.
Pola tarde choveu e tivemos que
cambiar os plans, pero foi unha tarde moi chula tamén: fixemos "bombas
de sementes" que despois lanzamos para que nazan as plantas....esta si
que é unha maneira chula de plantar non si?
Tamén fixemos un obradoiro de carteiras con material de refugallo e quedaron moi moi chulas e útiles.
E tamén estivemos a ensaiar as cancións e bailes para a velada da noite.
Nestes
intres estamos de festa, hai que aproveitar os últimos momentos desta
xenial experiencia poñendo todos os nosos sentidos nelo, así
que.....mañá xa vos seguimos a contar.
Moitos bicosssssss.
4º/5º EP Cabo de Peñas. Xoves.
Bo día dende Lodoselo
A noite onte foi do máis especial: paseo nocturno polo souto onte aniñan os mouchos, ceo estrelado e compaña inmellorable.
Despois
contos e historias: Alberto contounos a historia do Meles Meles antes
de deitarnos e....unha noite de soño reparador despois de taaaaantas
emocións vividas.
Foi unha velada estupenda, aprendimos a superar moitos medos e gozamos da natureza en estado puro.
E esta mañá erguímonos cheos de enerxías e con ganas de aventuras.
Despois do almorzo un ratiño de xogos e.......xa vos contaremos ao final do día!!!
Un bicazo a todas e todos dende a montaña!!
miércoles, 28 de mayo de 2014
Primeiro día en Lodoselo
Que ben o estamos a pasar familias!!
Despois
dun rico xantar tivemos xogo libre para despois meternos de cheo nos
traballos de horta e coidado dos animais. Plantamos unha pradaira e un
carballo. Na visita á granxa de vacas moitos tivemos a oportunidade de achegarnos a elas, tocalas e superar así os nosos medos tocando aos xatiños. Como dicimos nós "que monada!!!"
Despois contáronnos o conto do "Carballo con Botas", abrazamos entre todas e todos un carballo milenario, Alberto contounos historias de animais chulísimas e fomos na procura de coellos a un prado aquí preto peeeero......non se deixaron ver!!
Con Alberto estivemos a falar tamén dos habitantes dos bosques e, como non, dos Mouchos de orellas que enchen as noites de sons e música.Falounos dos seus sons, dos do Moucho Real e de outras aves que por aquí habitan.
Fixemos
uns mouchiños de cartón e esta noite......espéranos unha fermosa
aventura adicada especialmente aos noso oídos: imos dar un paseo
nocturno polo bosque a ver se identificamos os seus cantares. Que
emocionante!!!
Como vedes estamos a vivir experiencias inesquecibles e estamos moi moi a gusto.
Mañá contámosvos como foi a experiencia!!
Boas noites a todas e todos.
4º e 5º en Cabo Peñas
Chegamos a Lodoselo. 2º e 3º EP
Como sabedes os nenos e nenas de 2º e 3º de EP marchamos esta mañá de viaxe a Lodoselo en O Viso, na montaña de Ourense e... xa estamos aquí.
A viaxe foi ben, non chove e nada máis chegar fixemos unha Asemblea para organizarnos.
Estamos todos ben, contentos e con ganas de explorar todo o que nos rodea.
Esta noite esperamos podervos dar máis detalles e información porque a cobertura é moi limitada.
Un biquiño familias!!
A viaxe foi ben, non chove e nada máis chegar fixemos unha Asemblea para organizarnos.
Estamos todos ben, contentos e con ganas de explorar todo o que nos rodea.
Esta noite esperamos podervos dar máis detalles e información porque a cobertura é moi limitada.
Un biquiño familias!!
viernes, 23 de mayo de 2014
Viaxe de estudos: Cabo de Peñas
4º e 5º EP
A finais de maio os alumnos e 4º e 5º de EP disfrutaran dunha merecida viaxe de estudos a Cabo de Peñas (Asturias). O plan da viaxe esta no documento en pdf que podedes consultar.
A finais de maio os alumnos e 4º e 5º de EP disfrutaran dunha merecida viaxe de estudos a Cabo de Peñas (Asturias). O plan da viaxe esta no documento en pdf que podedes consultar.
lunes, 19 de mayo de 2014
domingo, 11 de mayo de 2014
LUGOMÁXICO
O pasado xoves todo o alumnado de primaria acudimos ó Auditorio
Gustavo Freire a gozar do gran espectáculo de maxia que forma parte do programa
de actividades para escolares dentro da Semana Internacional de Maxia de Lugo.
Foi un momento cargado de ilusión e encanto cheo de trucos de cartas, de panos interminables, de xogos con aros, de aparicións e desaparicións,…,
facéndonos pasar un momento moi divertido e entretido co bo facer de cinco grandes
actores ademais de magos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)