viernes, 10 de octubre de 2014

COCIÑAMOS 4ºE.P

Esta semana os alumnos e alumnas de 4º E.P deseñamos e cociñamos un menú especial para todo o cole.

O menú preparámolo utilizando os produtos da nosa horta, patacas e repolo: de primeiro Patacas Ali Oli con tiras de xamón, de segundo Pastel de Repolo e de postre Mousse de chocolate... Mmmmmm, quedounos riquísimo.

O xoves foi o dia en que servimos a todos os nenos e nenas do cole o noso menú, fixémolo de marabilla e recibimos as felicitacións dos nenos e tamén dos profesores.

Aquí vos deixamos unha selección de fotos.
 
























miércoles, 1 de octubre de 2014

ESTADÍA 5º E.P.

Hoxe o alumnado de 5º E.P. pasamos un día super interesante e divertido, estivemos nun contexto pouco habitual para a maioría de nós, onde ademais de aprender moitas cousas sobre o mercado gandeiro tamén tivemos que demostrar o ben que se nos dá eso de "ir de compras".

A continuación deixámosvos o enlace ao blog da Aula de Natureza Trevia para que poidades seguir de cerca todo o que  observamos, descubrimos, aprendemos e todo o ben que o pasamos.
Aquí podedes seguir a estadía dos vosos fillos e fillas