viernes, 20 de febrero de 2015

Vídeo Concerto Andando a terra

A Fundación TIC xa ten o vídeo do concerto "Andando a Terra" que celebramos no
Auditorio o 17 de decembro. 

            A Fundación Tic e o Centro Educativo Galén invitámosvos ao acto presidido poloPresidente da Fundación TIC e Presidente da Deputación, no que visionaremos un remix
 de como se fixo, previo á entrega dun exemplar do vídeo por familia. 

               O citado acto terá lugar no Salón de Actos da Deputación o martes 24 de febreiro 
ás 20.00 h. Estades todas e todos convidados xunto cos vosos fillos ou fillas.

Agradecémosvos de antemán a asistencia. 


miércoles, 4 de febrero de 2015

Xoves 5

Temos clases e actividades habituais

UN DÍA MOI BRANCO


Hoxe viñamos preparados para gozar da neve e as condicións meteorolóxicas non nos defraudaron e así de ben o pasamos no patio da mañá.









COCIÑANDO PARA TODO O COLE 3º EP


Cociñando para todo o cole !!!!
3º Educación Primaria

Por fin tocounos cociñar para todos e todas.

O primeiro que fixemos foi escoller o menú. Tiña que ser un menú saudable, equilibrado, apetecible e que levara o millo que plantamos o ano pasado con Mar na horta do cole. 

Optamos por un combinado de cociña do mundo que incluíra este cereal e escollemos unha Ensalada de millo moi típica en México e Roliños de primavera con Arroz tres delicias orixinais de China.

O que foi un autentico éxito foi o Tronco nevado que fixemos para a sobremesa. Calquera día o podemos facer na casa con vós. É moi sinxelo e riquísimo.

O máis interesante de todo foi cociñar esas cantidades inmensas de comida, recibir a todos os compañeiros e compañeiras do cole como si foran os nosos invitados, servirlles nas mesas e recibir as súas loanzas e os seus agradecementos polo noso traballo.

A verdade é que foi unha experiencia moi gratificante.

Mirade algunhas fotos.












 




domingo, 1 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

Este venres 30 todos e todas nos reunimos no hall do noso colexio para festexar o día da Paz, e alzar as nosas voces en contra da violencia en calquera das súas manifestacións. Para elo buscamos alusións ao tema no mundo da Pintura e da Literatura e o recollimos en pequenos murais que quedaron expostos no corredor do centro.


DSC_0600 (Copy)

¡¡ POR UN MUNDO SEN VIOLENCIA!!