sábado, 25 de abril de 2015

Programa de radio



“INFORMATIVO GALENIUS”

As alumnas e alumnos de 4º de educación primaria, realizamos un programa de radio con formato de informativo para o que elaboramos novas, unhas inventadas e outras reais, informacións curiosas, recomendacións de películas, libros e deportes.

Este ano contamos coa colaboración da xogadora do Ensino, Sara Cuíña, e o xogador, Diego Seoane, do Club deportivo Lugo, que nos concederon unhas interesantes entrevistas no cole. Se queredes oílas enteiras podédelas atopar no blog, xa que no programa non puidemos emitilas completas, por seren moi longas.

Este traballo realizámolo en colaboración coas distintas áreas de linguas que traballamos no cole: castelán, galego, inglés e francés.

O xoves 24 de abril gravamos en  Onda Cero e o martes 28 de marzo ás 13:00 emitirase en Onda Cero Lugo 94,9 FM.

Esperamos que vos guste. Nós pasámolo moi ben facéndoo.





Deixámosvos aquí o enlace para a entrevista a Diego Seoane e aquí para a entrevista a Sara Cuíña.