miércoles, 30 de septiembre de 2015

ESTADÍA 5º E.P.

Por fin chegou o día!!!!
O alumnado de 5º de E.P. puidemos gozar dunha experiencia marabillosa.
Estivemos no Mercado de Castro Riberas de Lea, mercado semanal que se celebra todos os mércores ao longo da mañá, onde podemos atopar gando e postos de venda de alimentación e textís.

Primeiro dirixímonos ao mercado gandeiro. E alí recibiunos Roberto, o encargado, e María, unha das veterinarias que traballa alí para facernos de guía.

Esta visita permitiunos observar in situ:
·        Varias das razas que se producen na comarca, fundamentalmente da raza frisona aínda que tamén había  azul belga e rubia galega.
·        A forma de identificar aos animais mediante crotales e a súa importancia para despois garantir a trazabilidade dos alimentos nos que se converten.
·        As instalacións coas que debe contar un local destas característica para un adecuado benestar animal así como ás dos camións de transporte.
·        Como se xestionan os residuos que xera esta actividade.

Iniciamos a visita ensinándonos por onde deben entrar todos os vehículos para así obrigarlles a desinfectar as rodas.



Logo explicáronnos como descargaban os distintos animais e as normas que debían cumprir os camións.


Pero o ruído que viña de dentro chamaba a nosa atención, eran todos os muxidos dos becerriños e as gañas de velos podíannos …


Aprendemos moitas cousas, que todos os animais tiñan uns “pendentes”  chamados crotales que lles permiten coñecer o historial, localización ou traxectoria dos animais de abasto vivos ao longo da súa cadea de produción, desde a granxa ata o matadoiro converteuse nos últimos anos nun factor imprescindible para a posta en práctica de políticas de sanidade animal e de seguridade alimentaria.
Tamén amosamos moita curiosidade por como transportaban os animais, facéndolle un montón de preguntas a María que con toda a paciencia nos foi respondendo. Ao final démoslle as grazas por todo o que nos ensinou e o amable que foi con todos nós. Graciñas María.

Logo tocounos traballar un pouquiño e facer unhas enquisas aos tratantes e gandeiros, pero estes últimos non os atopamos, xa marcharan todos.


A segunda parte da actividade da maña consistía en mercar produtos do campo: patacas, trigo, centeo, millo, fabas, verduras, cebolas, tomates, pementos, etc.
Estaban emocionados facendo as súas compras, intentando que lles abarataran os chourizos ou os queixos, negociando entre eles para comprar a medias,…,a maioría acabou os cartos que levaban pero viñan satisfeitos con todo o que conseguiran.






Tivemos a sorte de que un dos vendedores nos ensinara como funciona a balanza romana.

Agora toca compartir experiencias e emocións.

E a comer.



Riquísimo o polbo!!!!!UMMM

jueves, 24 de septiembre de 2015

ESTADÍA 3º E.P.







Tivemos un día fantástico e pasámolo moi ben.

Podedes ver máis fotos e seguir as distintas actividades no Blog da Aula de Natureza Trevia Aqui