lunes, 30 de noviembre de 2015

5º EP NA COCIÑA!

Este xoves tocounos cociñar, por fin!!!!!!!!!!
Dende inicios de mes que se nos comunicou que o xoves 26 tiñamos que encargarnos de deseñar e cociñar  o menú estabamos ansiosos de que chegara o día.

Un par de semanas antes tivemos que dedicarnos a reflexionar que tipo de pratos nos gustaría compartir co resto do alumnado e profesorado do centro. Tivemos que poñernos de acordo todos os nenos e nenas de 5º de E.P., todos queríamos aportar aquela receita que entendíamos que ademais de suculenta formara parte dun menú equilibrado e sería incluso adaptada aos gustos dos máis pequenos da casa. Despois dun montón de ideas e suxestións tomouse a decisión de facer:
Aquí vos deixamos fotos de todo o proceso para que vexades o moito que traballamos, todo o que nos divertimos e o ben que nos saíu.
Está permitido botar algunhas risas. 
MENU 5º EP
Ao final o Calzone convirteuse nunha pizza aberta.... pero igual de suculenta!!

MENÚ 5º EP 1
Unha vez posta a masa nos moldes xa non fixo falla lavar a tina...

MENU 5º EP3
MENU 5º EP4
Demostramos as nosas grandes cualidades como camareiros e camareiras. Todos e todas loubaron o noso gran traballo!! Xa estamos pensando no do curso que vén...

viernes, 20 de noviembre de 2015

CONVENCIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS

      Hoxe 20 de Novembro, coincidindo co anivesario da Convención sobre os Dereitos do Neno, os alumnos e alumnas de 6º E.P acudiron ó Concello para participar nun pleno xunto ca Ilustrísima alcaldesa  de Lugo, Lara Méndez e a presidenta de UNICEF en Lugo, así como os compañeiros e compañeiras doutros coles, no que se debatiron diferentes cuestións relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas.
      Ó noso cole tocoulle traballar o dereito á protección contra os malos tratos. Previamente na aula  estivemos lendo a Convención dos Dereitos dos Nenos e fixemos un debate analizando aquelas cousas que hai en Lugo que fomentan ou aseguran cada un dos dereitos da infancia. Despois  fixemos unha reflexión sobre cada dereito e tamén plantexamos propostas de mellora para que cada día máis nenos e nenas vexan cumplido ese dereito e por último formulamos preguntas á alcaldesa sobre o cumplimento dos dereitos na nosa cidade.
      Carme, Hugo, Bea e Myriam ocuparon os 4 escanos que nos correspondían  e deron a coñecer a todos os asistententes o traballo  que entre todos e todas elaboramos. Foi unha experiencia moi gratificante e  durante un anaco sentímonos como se nas nosas mans estivese facer do mundo un lugar no que os dereitos de todos os nenos e nenas fosen unha realidade.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Saída 5º e 6º ó Museo Provincial de Lugo e a Exposición da obra social "A Caixa"

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria asistimos ó museo provincial de Lugo para coñecer a exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz".
Aprendemos moito sobre luz, ondas e tecnoloxías baseadas na luz e mesmo convertémonos en científicos e científicas e experimentamos con diferentes aparellos que creaban ilusións ópticas.


Tamén fomos á exposición itinerante promovida pola obra social da Caixa "O bosque, moito máis que madeira". Aprendemos como funcionan as árbores, que é a madeira... Agora xa sabemos que
os bosques son os ecosistemas terrestres con maior biodiversidade do mundo e que as árbores regulan a humidade e a temperatura. Ademáis manteñen en funcionamento o ciclo da auga, purifican o aire e protexen da erosión.


Foi unha experiencia divertida e enriquecedora na que aprendemos un montón de cousas.


miércoles, 11 de noviembre de 2015

Contando cousas do magosto

O día que celebramos o magosto en Galén, 3º e 4º de EP fomos contar polas clases de Educación Infantil, Primaria e 1º e 2º da ESO todo o que estivemos elaborando no Obradoiro de Expresión en Galego en torno á festa. Primeiro investigamos as orixes da festa, en que zonas da península se celebra ademais de en Galicia, a forma de recoller as castañas, como se conservaban e secaban tradicionalmente e a forma máis típica de comelas. Logo elaboramos uns murais con fotos e algunhas frases que nos axudaron a apoiar a nosa exposición. Finalmente compartimos polas diferentes clases todo o que aprendemos. Foi unha experiencia xenial na que puxemos en práctica o ben que sabemos falar en galego.
Aquí vos deixamos unhas fotos. 3 2 1

XADREZ


Hoxe mércores 11 de Novembro, viñeron  visitarnos Antonio e Miguel Ángel, profesores de xadrez e responsables do Clube de Axedrez Recatelo.

Faláronnos do seu clube, dos beneficios deste deporte, das opcións que se poden ter por internet.......e invitáronnos a formar parte do seu clube!! 

Este ano, firmaremos un convenio de colaboración entre o clube e o Centro Educativo Galén, para que todos e todas que estean interesados en xogar torneos o poidan facer da man do Clube Recatelo. 

O longo do ano colaboraremos en distintas actividades que organizaremos conxuntamente.


Dentro de pouco teredes máis noticias de Xadrez!!

viernes, 6 de noviembre de 2015

Historias do Samaín

Este ano, dentro do proxecto do Samaín, o curso de 5° de primaria propúxose elaborar un conto para este día de defuntos. 
Coa colaboración da clase de música fixemos unha gravación na que intentamos facer un pouco máis intensas as nosas historias. Tocamos diferentes instrumentos nalgunhas partes para conseguir determinados efectos sonoros xa que nos axudan a imaxinar mellor o que estamos a escoitar.
E aquí vos deixamos o resultado!

primerio conto
segundo conto

Non teñades medo é todo mentira.....ou non.

Halloween 2015


A semana pasada coincidindo coa festividade de Halloween levamos a cabo unha  serie de actividades para conmemorar este acontecemento de orixe celta que na actualidade se celebra principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Irlanda, Reino Unido e dende fai uns cantos anos no noso cole tamén. 

As actividades comezaron o Martes, o alumnado de 6º de Primaria realizou un obradoiro de recollida de cabazas no horto para a posterior elaboración dun biscoito que  todo o alumnado degustou o día de Halloween. "Terroríficamente delicioso"

O Mércores, o alumnado de 4º E.S.O axudou a 3º, 4º, 5º e 6º de E.P a realizar un obradoiro de cabazas. Todos e todas gozaron moito deseñando e dando forma ás máis orixinais e espeluznantes cabazas. Unha vez rematadas as nosas "Jack O´Lantern" espuxémolas no comedor e na entrada do cole. Todo quedou decorado de medo



O día da festa todo o cole viuse involucrado nun proxecto conxunto no que realizamos diferentes actividades. A primeira hora  completamos  un libriño de actividades lúdicas con sopas de letras, encrucillados e  lecturas sobre a orixe desta festividade. Aprendemos moitísimo vocabulario de  Halloween!!!! 



Tampouco faltaron os obradoiros de maquillaxe no que os alumnos e alumnas de 4º E.S.O. viñeron a maquillarnos. Menudos artistas que temos no cole !







Outro clásico é o FESTIVAL DE HALLOWEEN. Colaboramos entre todos os cursos de primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O para levar a cabo un festival no que todos e todas preparamos actuacións para mostrar aos nosos compañeiros e compañeiras; cancións de Halloween, rimas, incluso un grupo explicou as orixes desta festividade, todo en inglés, por suposto…. 

Miguel e Mónica de 3º E.S.O presentaron o show e a verdade é que o fixeron moi ben. Bruxas,  esqueletes, vampiros, fantasmas, cabazas, morcegos, científicos locos e ata algún  Michael Jackson….

Despois do festival voltamos ás nosas clases para ir facer o truco ou trato entre os distintos cursos do centro,  

E a continuación no comedor degustamos un horripilante menú de Halloween elaborado por 6º de E.P: ollos de zombie, pelo de bruxa con dedos amputados e de postre o pastel de cabaza, xunto cos dedos de bruxa que cociñaron os alumnos e alumnas de 2º E.S.O.





Xa pola tarde sesión de cine. Películas de Halloween para pasar unha tarde de medo.
Por un día a cultura anglosaxona foi a protagonista e para todos nos foi como estar celebrando esta festividade como os nativos deses países o farían pero sen saír de GALÉN.