domingo, 24 de enero de 2016

COMEMOS O QUE SEMENTAMOS

Chegou o día que tanto estabamos agardando!!!
Por fin 3º de Primaria cociñamos para todo o colexio.

Empezamos o curso pasado sementando o millo con Mar. Feita a colleita empezamos a pensar no menú e puxémonos a investigar. Buscamos receitas con millo que se puideran facer para máis de 300 comensais, que foran apetitosas e que conformaran un menú equilibrado. Non foi tarefa doada pero conseguímolo.

De primeiro fixemos unha ensalada de pataca, feixóns, surimi e millo, boísima. De segundo, un clásico que case nunca falla: tortillas de millo recheas de polo e pementos verdes e vermellos. De sobremesa, tronco de chocolate. 





Decoramos as mesas e servimos, mesmo axudamos a algunha persoa.
O primeiro estivo ben pero o segundo e a sobremesa foron un auténtico éxito. 
Fomos bos anfitrións e anfitrionas e os nosos convidados gozaron co menú que elaboramos e da nosa axuda.


Sentímonos xenial facendo o traballo. Foi unha experiencia inesquecible.

Na primavera sementaremos patacas para cociñalas o próximo curso. 


viernes, 22 de enero de 2016

SAÍDA AO MUSEO

Este xoves o alumnado de 5º de Primaria fomos ao Museo Provincial de Lugo a actividade “Crea o teu Museo”.
Xogamos a ser guías, recepcionistas, fotógrafos, restauradores, conservadores, persoal de mantemento, vixiantes, persoal de limpeza, xerente, director, guías,…e descubrir cal sería a nosa función.

Tamén descubrimos algo que nos sorprendeu a todos: que o ouro era extraterrestre, si, si, pero nos vos imos contar nada máis, se queredes saber o motivo ides ter que visitar o museo.


viernes, 15 de enero de 2016

XADREZ NA AULA


Hoxe venres, dentro das actividades programadas en “xadrez na aula” que se realiza no centro educativo Galén, dende 1º E.P. a 4º E.P. ,realizáronse unhas partidas simultáneas con dous dos monitores do Clube Xadrez Recatelo, Antonio Nieto e Miguel Ángel


Os alumnos e alumnas de 3º y 4º de E.P. estiveron por espazo de dúas horas practicando o aprendido dentro das aulas.

Esta actividade está enmarcada dentro da colaboración que mantén o Centro Educativo Galén co  Clube Recatelo para o fomento do xadrez.

 Aquí vos deixo o enlace para que podades ver as fotos.