jueves, 24 de marzo de 2016

Xornadas portas abertas, 2 de abril.





Estades todas e todos convidados á nosa habitual Xornada de Portas Abertas que celebraremos o vindeiro sábado 2  de abril, de 10.30 a 14.00, poderedes coñecer noso novo proxecto para a Ed. Infantil: Galén Nursery School e o noso proxecto educativo da man do profesorado do Centro. Ademáis haberá unha exposición interactiva de xogos matemáticos, un taller de abalorios, teatro en inglés para nenos e nenas e no Centro estará montada a exposición da Semana da Ciencia, este ano ao redor da atmósfera. Vinde.

miércoles, 16 de marzo de 2016

FIXEMOS O NOSO PROGRAMA DE RADIO

 “INFORMATIVO ONDA GALÉN”

As alumnas e alumnos de 4º de Educación Primaria, realizamos un programa de radio con formato de informativo para o que elaboramos noticias, unhas inventadas e outras reais, informacións curiosas, recomendacións de películas e libros, deportes...
Este ano contamos coa colaboración do presidente da Sociedade protectora de animais e Plantas de Lugo e de varios alumnos e alumnas de 1º de Bac do cole, que nos concederon unhas interesantes entrevistas.
Este traballo realizámolo en colaboración coas distintas áreas de língua que estudamos no cole: castelán, galego, inglés e francés.
O xoves 3 de marzo fomos gravalo a Onda Cero e o martes 8 de marzo ás 13: 00  emitiuse en (Onda Cero Lugo 94,9 FM).

Esperamos que vos guste. Nos pasámolo xenial facéndoo. Descárgao aquí.