lunes, 2 de mayo de 2016

Nova web de Centro Educativo Galén

Moi boas a todas e todos.

Accedede á nova web            www.centrogalen.com             Agardamos que vos guste.

Pretendemos con esta páxina que todos os visitantes poidan saber quen somos e como entendemos a educación, ademais, pódese acceder a toda a información que nace no Centro.
Desprazándose  cara a abaixo accédese aos dous vídeos  de presentación do Centro e ás últimas noticias, podedes atopar as mesmas clasificadas por etapas ou diferentes categorías no menú superior Noticias.
No menú superior pódese acceder a diferentes menús clasificados en Proxecto educativo Instalacións e servizos, ambos os dous subdivididos noutros que permiten coñecernos en profundidade. Ademais, accédese a Admisión e Contacto. Tamén, podedes ver esta páxina en castelán.
Atoparedes o acceso ás nosas redes sociais nos iconos situados ao fondo da páxina: Canle de vídeos de Youtube, galerías de Flickr, Twitter e Facebook, estas dúas últimas podedes seguilas, tamén, na páxina de Noticias, na columna da esquerda.
Os blogs das diferentes etapas aínda que continúan abertos deixarán de ser actualizados, todas as novas estarán recollidas nestas páxinas e nos Muros do Centro en Facebook e Twitter.
Os blogs de Urban English Camp, English Summer Camp e Viaxe a Broadstairs recollerán información destas actividades durante a celebración das diferentes actividades. A información xeral estará recollida nos blogs e na nosa páxina, onde xa podedes vela.
Os blogs de Aula Natureza Trevia e Cantarela Escola de Música deixarán de estar operativos e todas as novas xeradas recollerémolas na nosa páxina.
Agardamos que vos guste a nova páxina.